Isabel Risco

Actriz Galega


Comezar

ACTRIZ [substantivo]:


  • Persoa que executa ou realiza un acto.

  • Persoa que desempeña un papel nunha obra teatral ou cinematográfica.

  • [por extensión]Persoa con gran capacidade para finxir.

Saber Máis

CURRICULUM


Referencias

Actriz, clown e pedagoga teatral. Comeza a súa andaina en grupos de teatro universitario da Coruña, na escola Casahamlet e asistindo a cursos monográficos con mestres como Eric de Bont, Jango Edwars, John Wright, Leo Bassi, Serg e Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Angel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso, etc..


Formación

Son Graduada en Pedagoxía Teatral pola UDC, inicieime no oficio en grupos de teatro universitario e tamén fixen catro anos de estudos de interpretación en “Casa Hamlet” (A Coruña), ademais de estudos de Dereito ata 4º na mesma universidade. Tiven a sorte de facer cursos de formación teatral e clown con mestres e mestras como John Wright, Johnny Melville, Serge Gail, G. Giacché, Kirko Koski, Jango Edwards, Carlo Colombaioni, J.M. Paz Gago, Leo Bassi, Tom Greder, Eric de Bont, Carlo Bosso, Claudia Contin e Ángel Burgos.


Teatro

Comecei no ano 2000 traballando coas compañías Ibuprofeno Teatro (coa que fixen O Furancho, personaxe pola que fun premiada), Espello Cóncavo, Os sete magníficos máis un, Cooperactiva Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas. Fomos aos festivais de teatro e de clown máis importantes da Península. Tiven o pracer de co-presentar os Premios María Casares en 2015. Coa compañía Maquinaria Pesada fixen espectáculos de producción propia como Bravas, Nabiza Girl e As Vingadoras. Con Aantena Teatro-CDG-MIT de Ribadavia temos dende 2022 a peza experimental Relato para un incendio, un dos meus últimos traballos no escenario xunto con Os nenos da variola, de Pérez e Fernández co CDG.


Audiovisual

No mundo audiovisual traballei de actriz papeis protagonistas e secundarios en series como Padres Casares, A vida por diante, O Nordés, Air Galicia, Era Visto!!, A Casa da Conexa, Augas Quentes, Caseiros ou Casa Manola. Tamén teño participado en programas da TVG como O Show dos Tonechos, Land Rober, Tourilandia, Luar, Zapping Comando, Máxima Audiencia, A Solaina, Heicho Cantar, En Pé de Festa… Fixen curtas, publicidade, vídeos promocionais para concellos e deputacións e algunha longamentraxe como Os mortos van de présa, Onde está a felicidade?, e 9 Ondas ou Pelegrinaxes. Tamén series web coa miña personaxe Nabiza Girl e videoclips musicais do Dúo Vaguedades, outro dos meus últimos proxectos.

Pedagoga Teatral

Dende o ano 2001 formo parte da compañía Trinketrinke, que está especializada en teatro infantil e en proxectos de dinamización á lectura. Tamén traballo como monitora en colexios con rapaces e rapaces de distintas edades e dirixo pezas de teatro amador para cativada e para adultos.

Premios

PREMIO MESTRE MATEO 2013 á mellor interpretación feminina de reparto pola personaxe de Dona Hortensia en Era Visto!, producida por Zopilotes para TVG.

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ na XXVI Edición do FETEGA 2015 (Festival de Teatro Galego do Carballiño) polo papel en O Furancho, de Ibuprofeno Teatro.

III PREMIO LUISA VILLALTA POLA IGUALDADE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2021 por “Bravas”, de Maquinaria Pesada.

PREMIO “RIR CONTIGO” 2022 do Festival Internacional de Curtas RIR de Allariz

Traballos Recentes


As Aventuras de Nabiza Girl

A Vida et Aventuras et Desventuras et Problemáticas dunha superheroína galega e da terra, porque está moi unida a ela físicamente. Cómo, onde, por qué, para qué. ...Saber Máis

Relato para un incendio

Dúas actrices e un actor (Manu Fernández, Vitoria Pérez e servidora debuxamos un mapa de incendios provocados nos bosques de Galicia, nomeadamente na comarca de Ordes. ...Saber Máis

O Furancho (Ibuprofeno Teatro)

Dúas mulleres fortes, con carácter e desbordante personalidade, que definen á perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas. ...Saber Máis

Bravas

80 minutos de comedia, aínda que non só. Un espectáculo e un proxecto unipersoal, como Nabiza Girl, da man de Culturactiva e Maquinaria Pesada. Esta peza recibiu o III Premio Luísa Villalta da Deputación de Coruña en 2021. ...Saber Máis

Os Nenos da Variola

Unha adaptación da novela de María Solar nun un proxecto escénico de divulgación, memoria e posta en valor dunha muller pioneira. Mestura relato histórico, tenrura e humor da man de Pérez&Fernández en coprodución co ​Centro Dramático Galego ...Saber Máis

Dúo Vaguedades

Pouca xente sabe que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal formaron un dúo musical, o Dúo Vaguedades, de gran éxito nas festas, foliadas e romarías do país. E aquí vimos Fran Rei e máis eu a lembralo. ...Saber Máis

Calendario de Actuacións

Precisas contactar?


Queremos escoitar a túa opinión. Cubre o seguinte formulario e porémonos en contacto o máis breve posíbel.